01/08/07

virás?


Ola amig@s :

Desexamos notificarvos un cambio nas datas das actividades que imos realizar este verán. Non foi posible facelo nas datas previstas así que quedades tod@s convidad@s para acompañarnos os días 18 e 19 de agosto.

A nosa intención é abrir unha porta coa axuda do arte para que Castro de Rei non esmoreza na súa vida cultural e social. Tentar construír un novo escenario de posibilidades, como antes se fixo coas rutas da poesía, e dende aí sensibilizar sobre a necesidade de coidar natureza e patrimonio así como de atraer eventos artísticos e de debate intelectual para o medio rural.

Colocaremos neses días algunhas esculturas e realizaremos unha colectivamente con escultores portugueses, cataláns e galeg@s con textos nas linguas dos participantes. Será cocida in situ o día 18 pola noite.

Algún de vós ten ánimo para recitar algún texto ou participar nas mesas redondas?. Sexa así ou non agradeceríamos contar coa vosa presencia e que nos acompañarades eses días. Un saúdo

Carmen Cabaneiro

1 comentário:

pep brocal disse...

Us felicito... No, no em veig en cor de participar (per bé que faig tard com és habitual), però no vull deixar passar l'oportunitat de felicitar-vos per aquesta nova iniciativa i encoratjar-vos a seguir en l'entramat d'una cruïlla humana i cultural tan brillant com és la d'aquests "scultores portugueses, cataláns e galegos" i que sens dubte donarà fruits nous, originals i eterns. Si a més hi afegiu "textos nas linguas dos participantes", no puc confessar altre que el meu desconsol per no haver pogut participar... Sempre em quedarà la paraula per comminar-vos a seguir... Sí, amb perill de semblar pedant però commogut, us dic: les nostres i les vostres estimades llengües, germanes en la distància, ens permetran bastir de ponts aquest inextricable llenguatge universal, magmàtic, oceànic i abismal... que és l'ART. I si a algú aquests mots li semblen pedants, que es foti!