01/03/12

mesa redonda TERRITORIOS CORPORAIS, NATUREZA (RE)CREADA.



untitled.bmp
A.dFuga, un novo espazo expositivo para a arte contemporánea e o debate situada na Rúa do Preguntoiro, nº 28, en Santiago de Compostela, convídavos á mesa redonda TERRITORIOS CORPORAIS, NATUREZA (RE)CREADA, que terá lugar o vindeiro luns 5 de Marzo, ás 19 h.   

TERRITORIOS CORPORAIS,
NATUREZA (RE)CREADA
MARISA ALVES
JOAQUIM POMBAL
FERNANDO CASÁS
RUTH MONTIEL
ANTÓN SOBRAL
moderador: MIGUEL ANXO RODRIGUEZ


¿Que entendemos por Natureza? ¿Que situación ocupa o ser humano na paisaxe natural? ¿Que relacións simbólicas emanan no territorio? ¿Cales son as vías de recoñecemento propio neste lugar? ¿Que estratexias establece a obra de arte para naturalizarse na paisaxe?…

Co propósito da exposición Barro; texto e pretexto de Marisa Alves e Joaquim Pombal, artistas portugueses que traballan a cerámica dende unha perspectiva contemporánea e relacionándoa coa natureza, propoñemos unha xornada de reflexión onde nos acompañarán varios creadores especializados neste campo.
Para atender a estas interrogacións que afectan intimamente ó individuo, como parte integrante da Natureza, como ser simbólico, a súa memoria, ás presenzas que o identifican, á súa harmonía co universo, ás relacións físicas que se desenrolan na paisaxe, etc, os poñentes analizarán estas cuestións dende os seus diversos procesos creativos e traxectorias artísticas, ademais do marco da antropoloxía e da filosofía.

 entrada libre :: 19.00h


*actividade relacionada coa exposición temporal

BARRO; TEXTO E PRETEXTO

de Marisa Alves e Joaquim Pombal

Autores da escultura do cartaz: marisa alves, joaquim pombal,carmen cabaneiro, marc brocal 

Sem comentários: